Estudo xeométrico do rosetón da Igrexa de Nogueira de Miño

Sábado 11 de mayo de 2019, por Horacio González Diéguez.

Citar

González Diéguez, Horacio. Estudo xeométrico do rosetón da Igrexa de Nogueira de Miño [online]. Santiago de Compostela, España, VHPlab, mayo de 2019 [versión de mayo de 2019] [Consultado el ]. Disponible en Internet: https://www.vhplab.net/spip.php?article392

Descarga este arquivo comprimido de GeoGebra para poder facer o teu debuxo do rosetón. Nel poderás atopar todas as ferramentas necesarias para debuxalo. Sigue os pasos do vídeo que atoparás ao final deste artigo.

Documento base para debuxar o rosetón da Igrexa de Nogueira de Miño
Arquivo de GeoGebra versión 4.0.34

PNG - 237.7 KB

O rosetón da Igrexa de Nogueira de Miño está composto por 4 sectores que dividen a circunferencia en partes iguais. Cada un destes sectores contén unha circunferencia tanxente á circunferencia principal do rosetón.

PNG - 244 KB

Unha circunferencia concéntrica á circunferencia principal define o grosor da parte exterior do rosetón e 4 circunferencias concéntricas as circunferencias tanxentes, que son tanxentes a circunferencia anterior, definen o grosor dos elementos decorativos.

PNG - 221.7 KB

PNG - 247.3 KB

Finalmente, unha circunferencia concéntrica á circunferencia principal tanxente as 4 circunferencias anteriores define a zona central do rosetón.

PNG - 224.7 KB

Unha figura decorativa con forma de estrela de puntas redondeadas ocupa o centro do rosetón. Esta figura está deseñada a partir de 16 circunferencias tanxentes a unha circunferencia e, a súa vez, tanxentes entre si.

Pulsa para cargar a construcción en Geogebra

Descargar Macro módulo 01 da Igrexa de Nogueira de Miño de Horacio González Diéguez en formato Zip (3.9 KB)

CC by-nc-sa