Creación dunha aplicación para Android e gafas VR con GeoGebra e Cordova

Esta proposta de traballo por proxectos para a materia de Debuxo Técnico I de 1º de Bacharelato enmarcase nunha serie de tres pequenos proxectos realizados durante o curso 2018/2019, no IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela. O reto deste proxecto para a clase consistiu en ser capaces de facer unha aplicación para gafas VR de cartón e teléfono móbil, utilizado o programa de xeometría dinámica GeoGebra. Foi levado a cabo durante a 3ª avaliación do curso, en relación aos contidos de perspectiva cónica da programación, que no libro de texto corresponden ao penúltimo tema.

Xeometría

Elaboración de mosaicos con GeoGebra

Todos os cursos intento levar a cabo algunhas actividades, co alumnado de 1º da ESO de Plástica, nas que utilicemos a Xeometría Dinámica e o programa GeoGebra. Este curso preparei unha proposta nova en relación ao traballo que adoito facer sobre mosaicos que, pese a quedar curta de tempo, deu moi bos resultados. Como veredes, algúns dos traballos quedaron a medias, xa que farían falta dúas sesións de traballo na Aula Informática, en lugar de adicar unha como fixemos este curso. Con todo, foi unha actividade rápida, motivadora para o alumnado e permitiu introducir as macros ou ferramentas propias de GeoGebra, polo que considero que resultou moi positiva e a repetirei en vindeiros cursos. Aquí vos deixo o vídeo que utilicei para a explicación da construción paso a paso e algunhas imaxes dos resultados.

Deseño e creación de vidreiras de cartón e celofán de cores, inspiradas en 5 rosetóns románicos e góticos

Como parte da planificación da materia de Educación Plástica e Visual, todos os cursos intento desenvolver algún proxecto didáctico co alumnado da ESO. A premisa destes proxectos é levar a cabo esculturas, obxectos, ou calquera outra clase de elementos funcionais ou ornamentais para incorporar ao espazo do centro, co fin de mellorar o seu aspecto, deseño ou uso. O centro no que impartín clase este curso, o IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela, conta cunha serie de xanelas no corredor do primeiro piso, que foron cegadas despois dunha remodelación do edificio e que, en lugar de dar á rúa, quedaron mirando cara un espazo interior de dobre altura, utilizado como salón de actos. A proposta de este proxecto consistiu en intervir ditas xanelas por medio de vidreiras para facer o espazo do corredor e do salón de actos mais agradables, traballando sobre a luz de ambos espazos.

Experimentos con Geogebra e Arduino

Un dos retos que me propuxen recentemente, como proposta para amosar o último día do curso Modelos dinámicos para o ensino de Xeomatría Descriptiva, foi a conexión dun applet de Geogebra con dispositivos como teléfono móbil ou Arduino. Aquí tendes un video das primeiras provas que fixen dun sistema de comunicación, a través de Node.js, Socket.io e Node SerialPort, no que controlo a rotación dun cubo en perspectiva cun acelerómetro conectado a Arduino.

Guía completa para a publicación de applets de Geogebra

Quero compartir o sistema que utilizo para publicar applets de Geogebra na web. Esta deseñado para minimizar a carga de traballo do navegador, cando na páxina hai múltiples applets, e para poder acceder aos mesmos dende javascript, co fin de interrelacionalos e controlalos a través do código da páxina. Este sistema é o que utilicei en artigos como Manipular Geogebra con Javascript ou O paradoxo de Leonardo e vou tratar de explicalo para que resulte doado copiar, pegar ou modificar os elementos necesarios para utilizalo.

Modelos para facer caixas

O estudo dos desenvolvementos de caixas é unha proposta didáctica que levo desenvolvendo con alumnado de 3º da ESO dende hai anos e que podedes ver aquí. Trátase dun traballo moi completo que permite abordar, dun xeito motivador, cuestións como a visión espacial, o desenvolvemento de poliedros, a elaboración de planos complexos, ou uso de cotas e liñas de distintas clases.

Con todo, había unha serie aspectos da proposta que resultaban pouco satisfactorios e, recentemente, decidín cambiar o xeito en que levo a cabo este traballo. En primeiro lugar, ao longo dos anos fun comprobando que moitos dos deseños do libro The packaging and design templates sourcebook, que utilizo para obter os modelos da primeira caixa que fan os alumnos e alumnas, están tarados e teñen pequenos fallos ou omisións. En segundo lugar as impresións destes modelos en cartolina son bastante caras e o alumnado no o valora. En xeral, tenden a facer a caixa (...)

Representación de funcións tridimensionais con despregables usando Geogebra

Esta proposta de traballo foi levada a cabo no marco dunha sesión sobre Xeometría Dinámica, impartida no Mestrado de Educación, durante o curso 2017-2018. A práctica consiste en analizar o funcionamento dos despregables ou, Pop Ups, para construír unha ferramenta de GeoGebra que permita trazar automaticamente os cortes e dobreces necesarios para representar una función matemática, utilizando un despregable de cartolina.

O paradoxo de Leonardo

O paradoxo de Leonardo dá Vinci describe como ao debuxar unha columnata situada fronte ao plano do cadro en perspectiva, as columnas van aumentando de grosor aparente a medida que se afastan cara aos extremos laterais contravindo a norma de que en perspectiva os obxectos mais afastados deben representarse proporcionalmente mais pequenos en función da distancia á que se atopen. Este efecto, facilmente observable mediante un gráfico feito con Geogebra, conduce a determinar que a superficie ideal para levar a cabo unha perspectiva non é o plano se non unha superficie curva, por exemplo a esfera ou un cilindro.

Calculo dun mecanismo de balanceo con Geogebra

Debuxo dun mecanismo de balanceo elaborado mediante o programa de xeometría dinámica Geogebra elaborado para a construción dun labirinto de canicas controlado mediante dous motores servo, no contexto dun obradoiro sobre Arduino con Pduino para rapaces de entre 13 e 16 anos e profesores de Educación Secundaria Obrigatoria na Domus de Coruña.

Práctica de Xeometría Dinámica con CarMetal

Titorial en pdf sobre como facer animacións en cónico con Cabri Geometre II aprobeitado para una práctica de xeometría dinámica con CaRMetal no Mestrado para o Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria da Universidade de Vigo.

A perspectiva no abismo

This project consists on a revision and reconstruction of the engraving "Direzioni della prospettiva" by Galli Bibiena using the program on dynamic geometry Cabri Geometre II. This 18th Century engraving explains the operation of illusionistic architecture that shows the viewer an conic perspective illusion through the introduction of a second point of view, someone else’s, who perceives from the distance the deception to which the character in the picture is subject.
Our work suggests a reduction of the conic system to the diedric system by means of a double representation as a fold. We are representing in the diedric system the elements that take part in the perspective, taking only into account the basic approach of obtaining the perspective image as a cross-section of the visual pyramid.
What is suggested by the revision of the engraving through the interactivity is the possibility of inviting the character to move freely through the space and got out of the room.

Memoria de Prácticas do C.A.P.

Unidade didáctica sobre poliedros regulares con Cabri Geomentre II realizada no marco das prácticas do Curso de Adaptación Pedagóxica baixo la titorización de Paulo Porta (Xefe do Departamento de Debuxo do IES Arcebispo Xelmírez I).

Desarrollo de animaciones para explicar perspectiva cónica

Es un proyecto de colaboración con el Departamento de Dibujo de la Facultad de Bellas Artes de Pontevedra desarrollado durante el curso académico 2001-2002. En él se elaboró un conjunto de animaciones para explicar perspectiva cónica con el programa Cabri Geometre II.