É posible transferir medidas a unha circunferencia, a unha semirecta e aos eixes de coordenadas. Pero, como unicamente podense transferir valores numéricos, resulta imposible utilizar directamente a medida dun segmento ou de calquera outo elemento sen calcular con anterioridade o seu valor mediante "Distancia e lonxitude".
Para facer unha transferencia de medidas: Pulsa no quinto menú e selecciona "Transferencia de medidas" na octaba fila. Selecciona o número do cal queres tomar a medida e pulsa unha vez no elemento ao cal queres transferila cando se trate de semirectas ou eixes. No caso de circunferencias deberás pulsar dúas veces a primeira na circunferencia e a segunda nun punto da mesma a partir do cal queras que se tome a medida.
* Na versión anterior do programa Cabri geometre II (V. 1.0) tamén era posible transferirmedidas a partir de puntos operando de xeito análogo a como facemos no caso da circunferencia.