Existe un applet de java chamado CabriJava que permite a calquera navegador de internet visualizar arquivos feitos mediante o programa Cabri. Lamentablemente o applet non esta actualizado e únicamente pode leer arquivos da version anterior do programa (Cabri Geometre II v.1.0) polo non sera posible facer uso das melloras que inclúe a nova versión do programa cando queiramos utilizar as nosas animacións para colgar na rede. Co fin de facilitar a creación de páxinas web que utilicen este applet, deseñouse unha pequena aplicación libre chamada CabriWeb que permite facer de forma sinxela e atomática documentos HTML que inclúan animación feitas con Cabri. podes atopala en: https://www.cabri.net/cabrijava/CabriWeb.html
Tanto para ver as animacións no noso explorador como para utilizar CabriWeb e necesario ter instalada unha Maquina Virtual de Java no sistema operativo, nas plataformas Linux ou Mac a JVM soe vir instalada de serie pero se utilizas un PC o mais normal é que teñas que instalar unha. Podes atopar a Maquina Virtual de Java que distribuen os creadores de Java en: https://java.com
Cómo usar o programa CabriWeb:
paso 1. Salva a animación como "Archivo de la Figura (Cabri II)(*.fig)".
Paso 2. Situa nun mesmo cartafol o arquivo da animación e o arquivo CabriJava.jar.
Paso 3. (opcional) Comprime en .zip a animación segundo o método de compresión standard de calquera ferramenta de comprensión como winzip.
Paso 4. Abre o programa CabriWeb pulsando dúas veces sobre o arquivo CabriWeb.dat, selecciona "Open a Cabri figure os HTML file" (abrir) no menu "File" (arquivo) e selecciona a animación que desexes utilizar na túa páxina web (se a comprimiches selecciona directamente o documento comprimido en . zip).
Paso 5. Modifica o tamaño da xanela do programa para adaptalo a túa animación e a súa ubicación mediante as barras de desprazamento. Ten en conta que a animación verase tal cal estea na ventana e o espacio que ocupe será o mesmo que ocupe finalmente a animación na páxina web.
Paso 6. (opcional) Se desexas que a animación empece directamente en movemento podes selecionar os puntos que desexas que se movan e definir a dirección e velocidade do movemento tirando de eles e arrastrandos en dirección contraria a do movemento. Cando mais arrastres mais rapidamente se movera o punto. Para facer isto selecciona "Animation springs" no menu "Edit" (edición).
Paso 7. Finalmente selecciona "Save HTML file" no menú "File" para gardar o documento HTML. CabriJava solicitará que indiques a ubicación exacta do arquivo CabriJava.jar antes de permitirche gardar o documento, debes lebrar que ainda que aparentemente isto indica que o arquivo .jar pode estar situado indistintamente en calquera lugar non é así. CabriJava.jar sempre debe estar situado na mesma carpeta que a animación e xunto co documento HTML.