Modelos para facer caixas

O estudo dos desenvolvementos de caixas é unha proposta didáctica que levo desenvolvendo con alumnado de 3º da ESO dende hai anos e que podedes ver aquí. Trátase dun traballo moi completo que permite abordar, dun xeito motivador, cuestións como a visión espacial, o desenvolvemento de poliedros, a elaboración de planos complexos, ou uso de cotas e liñas de distintas clases.

Con todo, había unha serie aspectos da proposta que resultaban pouco satisfactorios e, recentemente, decidín cambiar o xeito en que levo a cabo este traballo. En primeiro lugar, ao longo dos anos fun comprobando que moitos dos deseños do libro The packaging and design templates sourcebook, que utilizo para obter os modelos da primeira caixa que fan os alumnos e alumnas, están tarados e teñen pequenos fallos ou omisións. En segundo lugar as impresións destes modelos en cartolina son bastante caras e o alumnado no o valora. En xeral, tenden a facer a caixa (...)

Complementos para a ensinanza da arte

Entre os cursos 2011-2012 e 2016-2017 coordinei a materia de Complementos para a ensinanza da Arte do Mestrado de Educación Secundaria da Universidade de Vigo. Durante tres cursos impartín a maior parte do horario lectivo e organicei a materia invitando a profesores de ensino secundario, formación profesional e escolas de artes a compartir a súa experiencia co alumnado do mestrado.

Na actualidade, a profesora Begoña Paz coordinada a materia, pero sigo colaborando e levando a cabo algunhas sesións sobre estratexias metodolóxicas de Debuxo Técnico e Xeometría Dinámica. En ditas sesións, cada ano procuro empezar traballando con algunhas construcións básicas e rematar presentando unha proposta de xeometría avanzada, que amose o enorme potencial de ferramentas como Geogebra e aborde contidos que van mas alá do que se pode encontrar nun manual de Debuxo Técnico.

Introdución á Xeometría Dinámica

Introdución á Xeometría Dinámica e ás posibilidades que ofrece Geogebra como recurso didáctico elaborada para as sesións que imparto cada ano noo mestrado de educación da Universidade de Vigo.

Sesiones de clase e recursos do Curso 2016 - 2017

Esta é a secuencia completa de sesións de traballo do ultimo curso que coordinei a materia de Complementos para a ensinanza da Arte do Mestrado de Educación Secundaria da Universidade de Vigo. En cada entrada podedes atopar os poñentes invitados, unha síntese dos contidos abordados durante a sesión e uns apuntes colaborativos elaborados polo alumnado da materia durante as clases.

Representación de funcións tridimensionais con despregables usando Geogebra

Esta proposta de traballo foi levada a cabo no marco dunha sesión sobre Xeometría Dinámica, impartida no Mestrado de Educación, durante o curso 2017-2018. A práctica consiste en analizar o funcionamento dos despregables ou, Pop Ups, para construír unha ferramenta de GeoGebra que permita trazar automaticamente os cortes e dobreces necesarios para representar una función matemática, utilizando un despregable de cartolina.

Estratexias metodolóxicas de Debuxo Técnico e Xeometría Dinámica

Na sesión que imparto todos os cursos sobre estratexias metodolóxicas no Mestrado de Educación da Universidade de Vigo, adoito facer un percorrido polos cursos de 1º, 3º e 4º da ESO revisando traballos do alumnado. Este percorrido nos permite falar das diferentes orientacións que se pode dar a cada curso, comprobar a evolución do alumnado segundo a súa idade e debater sobre distintos xeitos de introducir a Xeometría e o Debuxo Técnico no currículo, como ferramenta creativa integrada no proceso do desenvolvemento de procesos artísticos.

Esta é unha selección con algunhas das actividades e recursos educativos que comparto co alumnado ao longo da sesión. Pouco a pouco, cada curso vou incorporando mais, xa que lamentablemente non as teño todas documentadas na rede.

O paradoxo de Leonardo

O paradoxo de Leonardo dá Vinci describe como ao debuxar unha columnata situada fronte ao plano do cadro en perspectiva, as columnas van aumentando de grosor aparente a medida que se afastan cara aos extremos laterais contravindo a norma de que en perspectiva os obxectos mais afastados deben representarse proporcionalmente mais pequenos en función da distancia á que se atopen. Este efecto, facilmente observable mediante un gráfico feito con Geogebra, conduce a determinar que a superficie ideal para levar a cabo unha perspectiva non é o plano se non unha superficie curva, por exemplo a esfera ou un cilindro.