Código, glitch e creatividade é un obradoiro de introdución a OpenFrameworks e as súas posibilidades no ámbito audiovisual a través do traballo de Horacio González nos colectivos VHPlab e Ulobit. OpenFrameworks tráase dunha librería libre deseñada para axudar no proceso creativo, que proporciona un marco sinxelo e intuitivo para o desenvolvemento de aplicacións, sistemas interactivos ou proxectos baseados en computer vision, pero, pese a tratarse dun entorno sinxelo que permite un fluxo de traballo rápido e eficaz á hora de levar a cabo proxectos, é un contorno baseado na linguaxe C++ e a súa curva de aprendizaxe resulta dificil para aquelas persoas que non teñen experiencia previa noutras linguaxes de programación.
No marco deste obradoiro, facilitouse un achegamento multidisciplinar, creativo e dende distintos niveis e intereses a OpenFrameworks, traballando na instalación e configuración do contorno, na manipulación creativa de exemplos e no desenvolvemento de pequenas aplicacións.
Esta semana comezamos unha serie de obradoiros de Arduino para rapaces e rapazas de 12 a 16 anos, organizados pola Asociación de Amigos de ESTALMAT Galicia. A proposta consiste en que os participantes no Proxecto para o Estímulo do Talento Matemático, que se desprazan a Santiago de Compostela para asistir a actividades de formación na Facultade de Matemáticas da USC, os sábados pola mañá, podan asistir, ademais, a un obradoiro de Arduino de dúas sesións, durante algunhas das tardes.
Hemos sido invitados por Ivan Ferrer-Orozco a impartir dos talleres de iniciación al sonido y la grabación de campo en el IED, a través del colectivo Escoitar; uno de ellos para el alumnado del curso One year de artes digitales y diseño de experiencias y el otro para el alumnado del grado en Visual Communication. La premisa para la realización de ambos cursos ha sido ofrecer un primer acercamiento al hecho sonoro a alumnos y alumnas que mas adelante profundizarían en los conocimientos abordados durante los talleres a través de asignaturas específicas de sonido.
Entre o 14 e o 19 de xullo en Medialab Prado impartimos, xunto coa compañía de teatro Impromadrid, un obradoiro sobre propostas escénicas no espazo urbán utilizando aplicacións móbiles. Este obradoiro, articulado seguindo o tradicional modelo de Medialab como encontro de produción colectiva de varias propostas seleccionadas nunha convocatoria aberta previa, ao longo dunha semana, foi organizado no marco do Festival Fringe Madrid e pretende ser o punto de partida para unha futura colaboración entre o equipo de noTours e o de Impromadrid.
Con motivo da participación da Domus e o Museo das Ciencias da Coruña no programa europeo Kiics, en novembro de 2013 e xaneiro de 2014, impartimos dous obradoiros de Arduino con Pduino para rapaces de entre 13 e 16 anos e profesores de Educación Secundaria. A proposta do obradoiro consistiu en achegarse ás enormes posibilidades de Arduino utilizando dispositivos sinxelos como potenciómetros, LED, acelerómetros ou motores servo, co fin de promover que, posteriormente, os rapaces participantes desenvolvesen pequenos proxectos creativos con Arduino.
Como parte do programa das Xornadas de creación e investigación Illa de San Simón, os dias 21 e 22 de xuño, fomos invitados a organizar dous obradoiros de arte e tecnoloxía dirixidos ao alumnado dos distintos mestrados que se imparten na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Baixo a temática DIY Tecnoloxías accesibles/transparentes para investigadores e artistas, programamos un obradoiro de iniciación á electrónica do son impartido por Paula Pin Lage e outro sobre softcircuits e pintura termocromática impartido por Paola Guimeráns.
Como complemento aos obradoiros e no contexto das xornadas académicas do dia 23 de xuño, organizamos tamén, unha pequena mesa redonda para presentar o traballo das dúas artistas, na que ademais participaron Horacio González, que presentou o proxecto europeo no que está participando Escoitar, European Acoustic Heritage, e Xoan Xil como moderador.