Para crear unha ferramenta nova ou facer unha macro: Selecciona “Herramientas” no menú superior e a continuación escolle "Creación de Herramienta Nueva" na segunda fila.
Na xanela de creación de ferramentas atoparás tres lapelas. Coa primeira marcada, deberás pulsar nos elementos da construción que queres que sexan o resultado da macro.
Coa segunda lapela marcada, deberas pulsar nos elementos da construción que sexan os obxectos iniciais da macro.
E por último, coa terceira lapela marcada, poderás dar nome a macro para usala como unha ferramenta, definir un texto de axuda, poñerlle unha icona e gardala.