Living Colors

Mestura aditiva da cor con tres leds RGB e arduino

domingo 15 de agosto do 2010, por Horacio González Diéguez.

Citar

González Diéguez, Horacio. Living Colors [online]. Mestura aditiva da cor con tres leds RGB e arduino. Santiago de Compostela, España, VHPlab, agosto de 2010 [versión de xullo de 2019] [Consultado el ]. Disponible en Internet: https://www.vhplab.net/spip.php?article133

O outono pasado, durante a preparacion dun obradoiro de fotografia que impartín para a asociacion de profesores de debuxo, tiven que pasar varias veces por unha tenda de lamparas de Santiago que se chama Perez Antolín. Alí descubrin unha lampara fantástca chamada "Living Colors" (philips), que por medio dun regulador pode iluminar a sala de calquera cor.

A idea da lampara é moi sinxela, regulando a intensidade con que ilumninan tres leds, un vermello un verde e un azul, resulta doado producir luz de calquera cor. Ao vela pensei que resultaria un material moi util para explicar a mestura aditiva da cor nas miñas clases e preguntei polo seu precio. Para a miña sorpresa, a lámpara costaba algo mais de 100 euros e tiven que esquecerme de comprala. Pero como son un pouco tozudo, decidin facer unha verión caseira.

Se queredes utilizar a placa Arduino e o programa que fixen para manexar os leds, necesitaredes instalar Arduino e PureData nos vosos ordenadores. O proceso para instalalos e poñelo todo en funcionamento pode resultar un poco complicado, pero paga a pena. Vou tratar de describir do xeito mais sinxelo e breve posible os pasos que tendes que seguir para facelo. Se vos parece moi complicado, non esquezades que sempre podedes prescindir da placa Arduino e facer algo parecido cunha pila de (3,5V - 5V) e tres potenciómetros (ver esquema).

Primeiro é necesario cargar un programa chamado SrandardFirmata na placa utilizando Arduino. Podedes atopalo entre os exemplos de Arduino na subcarpeta Firmata. Para facelo deberedes seguir estes pasos:

Unha vez cargado na placa o programa, SrandardFirmata, podedes pechar Arduino e abrir o patch de PureData que fixen para controlar os leds. Tratase dunha interfaz sinxela que preparei para controlar os tres leds baseandome nun patch chamado Pduino que serve para controlar a placa dende PureData. Podedes descar rgb.pd aqui mesmo e seguir os seguintes pasos para utilizalo:

*Por último vos deixo varias imáxenes da montaxe e o esquema de conexión á placa Arduino.


IMG_0309

IMG_0309