Elaboración de mosaicos con GeoGebra

domingo 28 de xullo do 2019, por Horacio González Diéguez.

Citar

González Diéguez, Horacio. Elaboración de mosaicos con GeoGebra [online]. Santiago de Compostela, España, VHPlab, xullo de 2019 [versión de xullo de 2019] [Consultado el ]. Disponible en Internet: https://www.vhplab.net/spip.php?article426

Todos os cursos intento levar a cabo algunhas actividades, co alumnado de 1º da ESO de Plástica, nas que utilicemos a Xeometría Dinámica e o programa GeoGebra. Este curso preparei unha proposta nova en relación ao traballo que adoito facer sobre mosaicos que, pese a quedar curta de tempo, deu moi bos resultados. Como veredes, algúns dos traballos quedaron a medias, xa que farían falta dúas sesións de traballo na Aula Informática, en lugar de adicar unha como fixemos este curso. Con todo, foi unha actividade rápida, motivadora para o alumnado e permitiu introducir as macros ou ferramentas propias de GeoGebra, polo que considero que resultou moi positiva e a repetirei en vindeiros cursos. Aquí vos deixo o vídeo que utilicei para a explicación da construción paso a paso e algunhas imaxes dos resultados.