Prize Hunter

xoves 1 de decembro do 2005, por Horacio González Diéguez.

Citar

González Diéguez, Horacio. Prize Hunter [online]. https://www.vhplab.net/PrizeHunter/index.html. Santiago de Compostela, España, VHPlab, decembro de 2005 [versión de agosto de 2019] [Consultado el ]. Disponible en Internet: https://www.vhplab.net/spip.php?article78

Prize Hunter é un videoxogo seleccionado na 4ª edición do Certamen de Novos Artistas, Auditorio de Galicia no ano 2005, que aproveita a linguaxe e a estética dos novos medios para facer unha crítica mordaz ao sistema de concursos e premios de novos valores de Galicia. O enorme interese e expectación que xeneran na actualidade todos aqueles proxectos relacionados cos novos medios e a interactividade, facilitan que os xurados acepten propostas, como videoxogos, aplicacións para moviles, ou instalacións interactivas, que no valoran, no comprenden, ou nin sequera chegan a ver. Prize Hunter é un exemplo de como a critica mais violenta, feroz e descarada pode pasar desapercibida disfrazada de inofensivo caramelo; un goloso xoguete para librarse dunha vez por todas dos indeseables membros do xurado.